Vitoria do Junior ante Agustinos de León

14/05/2013


O Estudiantes de Lugo saía moi metido no partido sabendo que unha derrota implicaba a eliminación deste campionato. Un parcial de 3-17 a favor dos nosos nos 5 primeiros minutos do partido cara a presaxiar un partido doado, non obstante os leoneses tiraron de pouta e defensa e aproveitaron os despistes defensivos dos de Lugo para reducir diferenzas pouco a pouco, o segundo cuarto tivo un inicio completamente diferente, Agustinos anotaba e aproveitaba os múltiples fallos de Estudiantes e cun parcial de (8/0) poñíanse a 4 puntos, diferenza coa que se chega ao descanso (36-40).


Na 2ª parte Estudiantes aperta en defensa e consegue volver distanciarse no marcador chegando a alcanzar os 19 puntos de vantaxe a pouco de rematar rematar o terceiro cuarto, pero de novo os Leonese reaccionan e reducen distancias outra vez aproveitando os erros de Estudiantes. O último cuarto foi un intento do Agostiños que loitaba por remontar, pero a diferenzas subían e baixaban sen chegar a inquietar nunca aos nosos que se levan a primeira vitoria do campionato por (70-82).

 

Estadisticas oficiales.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos