Estudiantes Lugo Leyma Natura (74) vs CB.Ferrol (54)
De novo un inicio de partido errático e cheo de perdidas de balón, fixonos ir a remolque todo o primeiro cuarto. A medida que avanzaban os segundos 10 minutos iámoslle collendo o pulso ao encontro e sacando vantaxes interiores ademais de explotar o bonus con criterio. Isto deunos o mando do encontro e o liderado no electrónico descanso (36-30).
Con bo xogo pero faltos de porcentaxe iniciabamos a segunda metade. Seguir ben atrás dábanos a tranquilidade para manter o criterio ofensivo e ser pacientes. O rival afundiuse fisicamente e nós continuamos coas nosas rotacións para ir aumentando a vantaxe paulatinamente, ata o definitivo 74-54.Valoración do adestrador:
"Un encontro que mostra nosa mellora, pero aínda máis, o traballo pendente. E por enriba de todo, un partido que vale a clasificación para unha final."
Próximo rival:
Sábado 19, ás 18:00 hrs., no Pavillón de Esteiro (Ferrol). Final da Copa Galicia, contra Narón. Último encontro de pretempada e segundo ano consecutivo loitando por este trofeo.