Betanzos (55) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (63)
Saída moi fría ao partido por parte do cadro estudiantil, que obrigou a esgotar tempos nos cinco primeiros minutos ademais de rotar a todos os xogadores para lograr frear a iniciativa dos locais. Tras verse obrigados a todas estas modificacións no xogo, pasouse de ir doce abaixo a rematar o primeiro cuarto a tan so seis puntos .
Os seguintes dez minutos foron dos lucenses por completo, e antes de ir a vestiarios logramos abrir unha brecha no marcador que remataría por ser definitiva.
A segunda metade seguiu estando baixo o noso dominio, pero con pequenos momentos de apagamento permitiamos que Betanzos se achegase. Mantivemos a calma contra a súa zona e soubemos castigar en pintura e rebote para levarnos o encontro polo definitivo 57-65.
Valoración do adestrador:
Por enriba do xogo, onde nos segue faltando fluidez, destacar a capacidade do equipo de corrixir erros sobre a marcha e aguantar o envite final dos locais, con criterio e carácter.
Próximo rival:
Recibimos a Ferrol o mércores ás 21:30. Rival chamado a ser referente na liga. Outra proba para avaliar a nosa progresión de cara ao inminente inicio da tempada regular.