Inicio > Sobre > Blog > Vitoria do Junior na sua visita a Coruña

Vitoria do Junior na sua visita a Coruña

5/01/2014

Sant Yago (68) vs Estudiantes Lugo Leyma Natura (96)


Bo arranque dos lucenses, castigando dende o xogo interior, pero avanzando o primeiro cuarto os locais cun enorme acerto dende 6,75, apertaban o marcador. Mantivemos a orde e subimos o nivel atrás durante o 2º cuarto, o que nos permitiu romper o partido antes do descanso.
Faltos de faísca nas finalizacións dos ataques, tardamos en anotar con fluidez na reanudacion, pero os locais estaban moi fatigados pola esixencia física do encontro e isto permitiunos aumentar as diferenzas ata os 30 puntos, onde quedaron, con pequenos altibaixos, ata o final do partido.


Valoración do adestrador:
Os nosos executaron con criterio a idea ofensiva que tiñamos para o choque e foron de menos a máis na parcela defensiva. Destacar a resposta colectiva positiva tras o tropezo da semana pasada.


Próximo rival:
Iremos a Vigo para xogar fronte ao último do grupo, no que supoñerá a última xornada da fase de grupos. Será o sábado ás 16:00.

Comentarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos